Evento: Rosalía, a pulga que escribía

Rosalía, a pulga que escribía
venres, 11 abril, 2025 - 20:00
Centro Social de Abanqueiro,
Boiro

Rosalía, a pulga que escribía

Espectáculo infantil a cargo de Galitoon

Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os nenos:

“Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día.  Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario....  e lerlla: á señora Toupa porque non ve, a dona Xirafa porque perdeu as gafas, á ovella porque non sabe ler e a Mr. Elefante porque só sabe ler en inglés.

O contido da carta é unha invitación:  “O Martes 3 ás 10, unha festa na casa de Rosalía.”

Todos reciben unha carta. Todos, menos Bruno, o Canguro!  Por qué?

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Compaña
10 de maio, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Moby Dick
10 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
As fillas bravas de Momán
10 de maio, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
Castelao
11 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña