Evento: Contos debuxados, debuxos contados

Contos debuxados, debuxos contados
sábado, 18 xaneiro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Contos debuxados, debuxos contados

Día da ilustración

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita? Que xorden os grandes álbums ilustrados. 

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada? Pois que xorde "Contos debuxados, debuxos contados".

O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto. 

E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público... Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión. 

Salón de actos.

Publico familiar a partir de 4 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ondamini
25 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal