Evento: Misterio na biblioteca: creación dun conto ilustrado

Cancelado
Misterio na biblioteca: creación dun conto ilustrado
mércores, 5 febreiro, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Misterio na biblioteca: creación dun conto ilustrado

Obradoiro a cargo de O Faiado de Nin

Celebramos o Día da Ilustración co obradoiro Misterio na biblioteca: creación dun conto ilustrado da man de O Faiado de Nin. Cada participante converterase nun ou nunha famosa detective para resolver un misterioso evento que tivo lugar na Biblioteca... Que inventará cada participante? Serán estes contos o comezo dunha saga detectivesca?

As pequenas e pequenos participantes poderán ilustrar a súa historia en cartolina e deseñar a portada, a contraportada...

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden achegarse á biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Obradoiro

251209_cartel_baltar
Obradoiro creativo de Pop-Up
9 de decembro
CEIP de Baltar
Xogando coas Letras - mércores 10
10 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de calcetíns de Nadal e saquiños de tea
10 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Maker maxia
12 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés