Evento: Maker maxia

Maker maxia
venres, 12 decembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Maker maxia

A cargo do Mago da Boina e o Mago Richard

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Maker Maxia combina maxia, creatividade e filosofía maker para crear trucos únicos, transformando ideas en realidade con enxeño e imaxinación. 

Maker Maxia é un proxecto educativo e creativo no que as e os participantes se mergullan no mundo da maxe desde unha perspectiva innovadora. Ao longo da actividade aprenderán a realizar diferentes trucos clásicos de maxia, entendendo os principios que os fan posibles. Ademais, irán un paso máis alá ao deseñan e crear os seus propios xogos, empregando ferramentas de fabricación dixital como impresoras 3D e outros recursos maker. Deste xeito, desenvolverán habilidades técnicas e creativas, combinando aprendizaxe práctica coa experimentación. 

Maker Maxia promove a autonomía, o pensamento crítico e a capacidade de transformar ideas imaxinativas en obxectos reais, facendo que cada creación sexa única e personalizada. A maxia convértese así nun vehículo para explorar a creatividade, a tecnoloxía e o espírito maker.

Público infantil de 8 a 11 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 18:00-19:00 h.

Quenda 2: 19:15-20:15 h.

12 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 4 de decembro a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de inscribirse en ambas quendas, e resultar admitida, asignaráselle praza na quenda que elixise en primeiro lugar.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de ilustración científica
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Tinturas
Tinturas naturais
31 de xaneiro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Dicionario de espellos
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense