Evento: La Parra

La Parra
mércores, 5 febreiro, 2025 - 16:00
Aula de cine da Facultade de Comunicación,
Pontevedra

La Parra

Proxección e coloquio coa produtora do filme, Beli Martínez, no marco de AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2024-2025

AuGAL Master Class do Audiovisual Galego

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.

Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrece entre os meses de novembro de 2024 e marzo de 2025 a súa 14ª edición arredor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o cuarto concurso A Canteira-AuGAL.

Esta cuarta sesión está dedicada á longametraxe La Parra, de Alberto Gracia, coa proxección do filme e un coloquio coa súa produtora, Beli Martínez (Filmika Galaika).

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Sleepless Nights
27 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Las cosas que decimos, las cosas que hacemos
27 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Las cosas que decimos, las cosas que hacemos
28 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
The Last Man
28 de xaneiro
Filmoteca de Galicia