Evento: Scriptorium

Scriptorium
xoves, 31 outubro, 2024 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Scriptorium

Presentamos o obradoiro “Scriptorium”, que comezará analizando o seu significado, a importancia dos códices e a súa historia. Tamén falaremos do seu método de elaboración e instrumentos de traballo ata o lugar onde se sentaban para realizar este duro traballo: o banco do copista. Amosaremos os distintos elementos decorativos do códice e falaremos dos instrumentos básicos para a encadernación dos códices. Poderán participar no obradoiro didáctico que pretende converter aos/ás participantes en pequenos/as copistas e iluminadores/as por un día. Tamén se contarán curiosidades, segredos e anécdotas ocorridas na realización destes códices.

Data e hora: xoves 31 de outubro ás 18:00 horas

Público destinatario: infantil de 8 a 12 anos

Inscrición previa na web da biblioteca  a partir do día 22 de outubro ás 09:00 horas.

 

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 29
29 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Investigación de mensaxes secretas
31 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de Halloween
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo