Evento: Luis Piedrahita-Apocalípticamente correcto
Luis Piedrahita-Apocalípticamente correcto
Apocalípticamente correcto é o novo show de Luis Piedrahita, un monólogo cheo de enxeño e humor no que analiza que é iso da liberdade. Piedrahita investiga neste espectáculo os absurdos e contradicións da nosa vida cotiá coa intención de pescudar, dunha vez por todas, de que está feita a liberdade e para que serve.
O ser humano sempre quere facer o que lle dá a gana, pero iso é posible? Pódese ser libre ou o noso destino está escrito de antemán e non podemos cambialo? Luis analiza con ironía o horóscopo, que é a proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e as autocaravanas camperizadas, que simbolizan a liberdade e son a proba irrefutable de que o noso destino só está escrito nos mapas de estradas e na sección de ofertas de Leroy Merlin.
Ademais, cuestionará algunhas verdades asumidas pola nosa sociedade como a existencia das anguías eléctricas ou os tornados. E ninguén pode dicirlle nada, porque Piedrahita fai isto por unha soa razón, polo motivo máis nobre que existe: porque lle da a gana.