Evento: Anacos

Anacos
martes, 2 xullo, 2024 - 20:30
Xardíns da Casa Grande de Viloira,
O Barco de Valdeorras
Espectáculo de Teatro a cargo de Ítaca Teatro

ANACOS (Historias vividas, escoitadas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá).

As lembranzas van aparecendo nas nosas vidas sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde, calquera tarde, nos invade e nos convida a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruílos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal