Evento: Mundanal ruido. Poemas para un tiempo revuelto

Mundanal ruido. Poemas para un tiempo revuelto
xoves, 1 febreiro, 2024 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Mundanal ruido. Poemas para un tiempo revuelto

Presentación do libro de poesía de Rebeca R. Dapena

Cedemos o salón de actos da biblioteca para acoller a presentación do libro de poesía Mundanal ruido. Poemas para un tiempo revuelto de Rebeca R. Dapena.

Mundanal ruido, poemas para un tiempo revuelto é unha obra que plasma a realidade desta vida observable. Ás claras. De como intentamos ser felices e abundantes, moitas veces seguindo pautas e dogmas preestablecidos. Da concepción da vida en sociedade. Do persoal. E tamén da túa liberdade. De revalorizarse, de transformarse.
Unha proclama tamén ao paso do tempo e a esta existencia, hasta a mismísima morte. Pensamentos e poemas de rima curiosa e rápida lectura que profundan en distintos momentos da vida a medida que se vai avanzando no libro. 

Rebeca R. Dapena e unha autora nada en Monforte de Lemos (Lugo). Defínese como escritora desde a súa infancia, utilizando tanto o xénero lírico como o narrativo. Este é o seu primeiro libro publicado.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés