Evento: Ópticas contemporáneas. A música reborda o pentagrama

Ópticas contemporáneas. A música reborda o pentagrama
domingo, 29 outubro, 2023 a domingo, 26 novembro, 2023
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Ópticas contemporáneas. A música reborda o pentagrama

A *Cidade da Cultura* presenta este ciclo de música para o outono, /*Ópticas Contemporáneas. A música reborda o pentagrama*/, composto por tres concertos vencellados á música clásica desde unha perspectiva inn...

Cidade da Cultura presenta este ciclo de música para o outono, Ópticas Contemporáneas. A música reborda o pentagrama, composto por tres concertos vencellados á música clásica desde unha perspectiva innovadora e contemporánea. Comeza cunha ópera de Miguel Azguime en versión concerto cunha clara preponderancia dos compoñentes visuais e con mesturas electrónicas moi atractivas, e continúa con música clásica e electrónica  cunha peza composta por Vivan e Ketan Bhatti e interpretada pola Real Filharmonía de Galicia. O ciclo remata coa actuación dun pianista do movemento chamado “neoclásico” ou “indie clásico” que achega a música clásica ás grandes masas de público, Federico Albanese.

  • Dom 29 OUT (19.00h) - Miguel Azguime "Un riso para chorar" [Ópera, acústico, electrónica] Entradas en Ataquilla.com (proximamente) Museo Centro Gaiás, andar -1
  • Ven 3 NOV (20.00h)- Real Filharmonía de Galicia "Flying pictures"- Vivan e Ketan Bhatti [Música clásica e electrónica] Entradas en Ataquilla.com (proximamente) - Museo Centro Gaiás, andar -1
  • Dom 26 NOV (19.00h) - Federico Albanese "Days of Passage" [Piano e electrónica] Entradas en Ataquilla.com (proximamente) -Auditorio Fontán

Máis eventos de tipo Concerto

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Os xoves do Atlántico
16 de novembro a 14 de decembro
Rúa da Fonte de San Miguel, 9
Tertubalina
8 de decembro
Rúa de San Lourenzo, 51-53
O asasino do tango
9 de decembro
Teatro da Beneficencia