Evento: A viaxe de Lup

A viaxe de Lup
xoves, 14 novembro, 2024 - 18:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

A viaxe de Lup

Bebeconto con Soledad Felloza

Sesión de bebeconto para nenas e nenos de 1 a 3 anos (acompañados dunha persoa adulta), o de hoxe estará a cargo de Sole Felloza  "A viaxe de Lup" 

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o longo nome que lle puxo a súa nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.

Un día Lup preparou a súa maleta e foise dar a volta ao mundo. Un xersei, unha bufanda, unhas medias quentiñas, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos e...unha chupeta! Un lote de cousas para recoller un montón de contos de Igualdade.

Anímaste a vir? 

A inscrición pódese facer dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386

Máis eventos de tipo Espectáculo

Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal