Evento: Diarios/1 [Azul Monforte]

Diarios/1 [Azul Monforte]
venres, 23 xuño, 2023 - 19:30
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

Diarios/1 [Azul Monforte]

Presentación do libro de Ismael Ramos.

O libro, en palabras do xurado que lle outorgou o galardón, caracterízase pola "ambición temática”, nun fío que vai "desde a dureza dos coidados á nai anciá á reivindicación de todo tipo de relacións afectivas, salferida dun hedonismo vital e lingüístico”. "Irónico, autoconfesional, brutal, o poemario pón de relevo unha voz ousada que se busca nunha xeografía global para chegar a un azul Monforte en plena madurez sentitiva", subliñaron Olalla Cociña, Xosé Luís Mosquera e Ismael Ramos, membros do xurado. Diarios / 1 [Azul Monforte] está concibido arredor do feito máis extraordinario ao que imos asistir nunca: a vida e os partos que a lindan: o nacemento e a morte.

Deste xeito, o que Lopo nos propón neste libro asombroso e durísimo é unha viaxe polos vértices en suspensión da vida. Para esa travesía, ofrécenos unha compaña de seres que se aferran ao afán da liberdade e á forza do poema, cunha sintaxe directa e, por momentos, próxima literatrura documental, que nos permite atravesar as paisaxes máis dolorosas como se estiveramos realizando unha cartografía. Poucas propostas tan apaixonantes se deron na literatura galega dos últimos anos como este libro, reflexo dunha obra con aspecto de diario (ficcional) que abrangue un período de tempo determinado a través de distintas visións do azul: a profundidade do ceo en Monforte, o estado sempre transitorio do azul en Compostela, os reflexos do bosque no azul do Hío, a forza do espazo suspendido –a gravidez– no azul Ons ou a posibilidade de que no Courel se dea o azul verdadeiro.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés