Evento: Afinidades Electivas 2023: encontro literario con Berta Dávila e Marta Sanz

Afinidades Electivas 2023: encontro literario con Berta Dávila e Marta Sanz
xoves, 29 xuño, 2023 - 20:30
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

Afinidades Electivas 2023: encontro literario con Berta Dávila e Marta Sanz

Encontro literario con Berta Dávila e Marta Sanz.

Afinidades electivas é un programa de animación lectora promovido pola Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura. Os seus obxectivos son, por unha parte, impulsar a actividade en librarías independientes, e por outra, apoiar a creación literaria promevendo a difusión lingüística e cultural. 

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é autora de poemarios como Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johan Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba (2008, Premio Biblos de Novela), á que seguiu o libro de relatos A arte do fracaso (Barbantesa, 2010), traducido para o castelán e o xaponés.

Marta Sanz (Madrid, 1967) é escritora, poeta, ensaísta e editora, unha das voces máis consolidadas e recoñecidas do panorama literario en lingua española. Doutora en Literatura Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid, nas súas obras explora os límites da linguaxe e a forza poética, e trata temas como a culpa, o resentimento ou a decadencia do corpo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés