Evento: Ciclo Voices 2024- Mahmood

Ciclo Voices 2024- Mahmood
domingo, 12 maio, 2024 - 20:30
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

Ciclo Voices 2024- Mahmood

Concerto do cantautor italiano.

As dúas cancións coas que representou a Italia en Eurovisión superaron os 200 millóns de reproducións en Spotify -só outras dúas máis o conseguiron na Historia- e, con todo, non se alzou co triunfo con ningunha. Brividi, o seu segundo intento, coa que compartía escenario con outra gran estrela do panorama musical transalpino, o bresciano Blanco, conseguiu entrar no top 5 mundial das cancións máis escoitadas around the world a poucas horas de soar por primeira vez no Teatro Ariston de San Remo. 62 millóns en tan só catro horas. Nin Madonna nin Beyoncé nin Ed Sheeran lograron semellante proeza.

Estamos, por se cabe algunha dúbida, fronte ao que podería ser, para un español, a Rosalía en masculino da música no país da bota. Un Rey Midas. Deses que, todo o que tocan, convérteno en ouro. Mesmo, aqueles recordos, aquelas dores e miserias que lle deixaron rasguños na alma e que, como as muescas nas balas, indican quen e como perpetrou o disparo.

Soldi, a súa primeira vitoria no Festival de San remo, deulle a oportunidade de mostrarse ao mundo. Pero facíao lembrando a un pai ausente en cuxa memoria aparecía como un home que só sabía pedir diñeiro e abandonarse aos brazos de Baco, aínda que fose Ramadán e el fose exipcio.

  • Mahmood - Soldi (Prod. Dardust & Charlie Charles)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
22 de novembro
Auditorio Casa da Cultura
Zahara
22 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Pobre poesía
26 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo