Evento: Océano de posibilidades
Océano de posibilidades
xoves, 15 xuño, 2023 a sábado, 16 setembro, 2023
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Océano de posibilidades
Mostra bibliográfica infantil
Desde a Biblioteca Pública Ánxel Casal queremos que aproveites todo o tempo libre que tes no verán para que descubras novas afeccións ou continúes aprendendo dos teus pasatempos favoritos.
Nesta mostra poderás atopar libros divulgativos sobre historia e mitoloxía, curiosidades de astronomía, receitas para aprender a cociñar, enigmas para desafiar a mente, así como guías e manuais sobre pintura, manualidades, natureza, animais e moitas cousas máis!
Non dubides en visitar esta mostra na sala infantil do 15 de xuño ao 16 de setembro en horario de apertura da biblioteca.



