Evento: Vibra Gaifar 2023
Vibra Gaifar 2023
O Concello de Nigrán estrea desde este venres 5 de Maio ao domingo 7 o seu primeiro festival ‘Vibra Gaifar’, adicado íntegramente a grupos con raigame no municipio e co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos. Así, Three Roosters, Moon Cresta, La Patrulla, Groovin Folks, Indiana, Cubo Metálico, The Mirror, San Rockers e Blue Monk protagonizan esta primeira edición no espazo municipal de Gaifar.
O obxectivo primordial deste evento é por unha banda, “quecer motores” para a tempada de verán, e por outra, dar aos grupos locais e emerxentes unha oportunidade de amosar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles e co seu público máis comprometido: a veciñanza de Nigrán. Os asistentes, ademais, de dispor no mesmo recinto unha cafetería, poderán consumir tamén nas food-tucks de Chupipostres e Bocatería Lalo´s, chegadas para a ocasión.
Máis eventos de tipo Festival