Evento: Un modo de vida: mel de Galicia, disfrútao
Un modo de vida: mel de Galicia, disfrútao
Charla formativa onde se explicará polo miúdo que é o mel, que elementos son necesarios para extraela. Diferenzas entre os individuos que habitan as colmeas e como son os panales onde as abellas gárdana con celo. Como distinguir as distintas partes da colmea.
A figura do apicultor/a e do envasador/a, así como ás ferramentas precisas coas que traballa. Todo o ciclo de vida do Ouro Doce, desde as flores ata o bote de Mel de Galicia que consomen.
Duración: 40 minutos
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (15 prazas)
CATA DE MELES
Tes vista, tes olfato, tes gusto?,
Porque non todos os meles son iguais atrévete a probar o ouro doce da natureza galega: o Mel de Galicia, un modo de vida.
Actividades levadas a cabo polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia en colaboración con APLA (Asociación Provincial Lucense de apicultores)
Para adultos (15 prazas)
Salon de actos
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329