Evento: Bailador

Bailador
sábado, 29 abril, 2023 - 20:30
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Bailador

«Bailador», de Óscar Cobos Compañía de Danza | Día da Danza 2023  

Bailador é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto, unha obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe á nosa danza de raíz e a un grupo que transformou o xeito de entender e interpretar a música tradicional. 
Fronte ao mantra "O baile faino un home", este espectáculo reivindica o papel fundamental da muller galega como preservadora das formas tradicionais da nosa danza. A peza é así unha mostra de admiración e agradecemento a todas as mulleres que transmitiron a nosa danza de raíz, malia non atrevérense a "levar o baile" por temor ao rexeitamento nos seus círculos sociais. Bailador entende a danza tradicional desde a contemporaneidade dos nosos días, nun relato no que a música e o baile se explican a si mesmos desde o prisma do feminino.
Producida, dirixida e coreografíada por Óscar Cobos, e con Jaime Pablo Díaz ao cargo da dirección artística, a peza pon en escena a nove bailadoras de destacada traxectoria en diferentes agrupacións e asociacións folclóricas galegas, como Cantigas e Agarimos, Cántigas e Frores, Brincadeira ou Leilía. Ruth Pérez, Nerea Fouz, Rebeca Tallón, Cristina Canosa, Marta Mosquera, Nuria Gesteira, Uxía Portela, Eva Diago e Lorena Toimil son así as encargadas de darlle forma bailada aos temas de Berrogüetto, un grupo que transformou o xeito de entender os nosos sons tradicionais e que conta con recoñecementos como o premio Eversteiner ao mellor grupo de folk europeo (1998), finalista ao premio Grammy Latino ao mellor disco folk (2002), ou o Premio da Crítica Galicia en recoñecemento a toda a súa carreira musical.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia