Evento: Ailá

Ailá
domingo, 26 marzo, 2023 - 19:30
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Ailá

Concerto de música galega.

Ailá é un dos representantes máis novos das Tribos Tradis, un xénero que excede ao musical no que a danza e a música pasan a converterse nunha forma de entender a vida, unha forma de estar no mundo.

Ailá son: Ángela Carou (voz e percusións), Manuele Pardo (voz, percusións e gaita), Abel Gañete (Trompeta e Fliscorno) e Xan Pampín (Acordeón e Bombo).

Cunha man tendida cara o futuro e outra agarrando o noso pasado, neste novo traballo de Ailá o0 grupo ofreceravos a súa visión da música de transmisión oral, inspirada nas músicas e bailes de raíz, como protectoras, sanadoras e tamén valedoras do noso patrimonio inmaterial.

Mantendo a esencia do seu primeiro álbum, presentan un repertorio renovado con arranxos moi coidados e cheo de invitados especiais.

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo