Evento: Camela

Camela
sábado, 18 novembro, 2023 - 20:30
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Camela

Concerto de tecno-rumba.

CAMELA publica o seu novo disco QUE A MÚSICA CHE ACOMPAÑE o dia 28 de outubro de 2022, cunha portada que desatou o balbordo en redes e no que riden homenaxe ao universo Star Wars. Non é a primeira vez que tiran de referencias cinematográficas nas súas portadas e, para esta ocasión , non só xogan no titulo cunha das frases máis soadas da saga de George Lucas,  Que la fuerza te acompañe, senón que , ademais, recrean a estética da serie galáctica caracterizados dos principais protagonistas, Dioni no papel de Qui-Gon Jinn e Angeles da Princesa Leia.

O vídeo que acompaña ao tema NON ME FALES conta coa participación da icónica presentadora de televisión Cristina Pedroche e a recreación estética de Star Wars na imaxe dos tres protagonistas.

CAMELA , icona e máximo expoñente da tecno- rumba no noso país con case tres décadas de carreira musical ás súas costas e máis de sete millóns de discos vendidos, continúan desenvolvendo o seu enxeño e creatividade erixíndose como unha banda única e irrepetible en constante reinvención, cun estilo inconfundible que só lles pertence a eles.

  • Camela - No me hables (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda