Evento: Códice-K

Códice-K
sábado, 23 setembro, 2023 - 20:30
Auditorio Municipal de Rianxo,
Rianxo

Códice-K

Espectáculo de teatro.

Un día de verán, entre o 30 de xuño e o 5 de xullo de 2011, o Códice Calixtino desaparece do seu lugar de exhibición no Museo da Catedral de Santiago. Desde ese momento, e ata aproximadamente un ano despois da súa recuperación, púidose seguir a peripecia polas informacións puntuais que ían aparecendo nos distintos medios de comunicación. Finalmente soubemos que Manuel Castiñeiras, electricista e xefe de mantemento da catedral, foi o autor do roubo. E xa está. Esa é a historia oficial.

O que imos contar é a intrahistoria extraoficial: por que Manolo decidiu cometer semellante delito, como foi a investigación, quen estaba no momento do roubo, como foi posible ocultar durante un ano semellante botin... Ensinaremos, en definitiva, todo o material resultante das exhaustivas pescudas levadas a cabo en estreita colaboración entre dous departamentos crave: o departamento de dramaturxia de investigación e o departamento do disparate. E durante a redacción e edición da obra, seguramente o departamento de investigación ten menos relevancia que o de bobadas. Isto significa que, aínda que todo é pura especulación, é posible que nos acheguemos á realidade. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés