Evento: Freak
Freak
Un sofá e dúas mulleres sentadas nel durante toda a representación. As mozas van vestidas de princesas de conto; de deusas da sedución, porque así son capaces de sentirse suficientemente poderosas para ocupar un espazo.
Ábrense en canle contando as súas intimidades a medida que avanza a peza. O ritmo crece e a profundidade dos conflitos que expoñen tamén.
O texto é directo e liberador.
A obra conduce aos poucos cara a un lugar de encontro, onde ambos os personaxes se achegan á súa propia aceptación.
Ficha artística
Autoría: Anna Jordan Dirección: Paula Amor Reparto: Lorena López e Lara Serrano
Dirección de produción: Rosel Murillo Produción executiva: Paula Amor Iluminación: Antiel Jiménez Escenografía: Antiel Jiménez Deseño de son: Paula Amor / Antiel Jiménez Vestiario: Daniel Torres Cano Axudante de dirección: Marta Matute Deseño gráfico: Lucía Tobajas Fotografía: Luz Soria Prensa: Amanda H C – Proyecto Duas
Máis eventos de tipo Espectáculo



