Evento: "Molinillo"

"Molinillo"
xoves, 9 febreiro, 2023 - 18:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

"Molinillo"

Bebeconto con Olga Cuervo

"Chocolaaaaate, moliniiiiiillo. Corre, coooorre. Que te piiillo.

¿Hai algo máis ruidoso que un muiño? ¿Pero un muiño non é silencioso?

¿Muiño de café? ¿Muiño de vento?

¡A escoitar! ¡A escoitar! Que unha historia vou contar."

A través dun muiño de café, un muiño de vento e un muiño musical; a nosa actriz contará tres historias que farán as delicias dos máis pequenos da casa. Un marco branco e limpo, para historias coloridas e divertidas.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta.

Prazas limitadas.

As inscricións poden facerse chamando aos seguintes números de teléfono dende o venres anterior á actividade: 988 788385 e 988 788386. Só poderán reservarse 2 prazas por chamada.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal