Evento: Rock en Familia: Hijos del rock and roll- Especial día do pai

Rock en Familia: Hijos del rock and roll- Especial día do pai
domingo, 19 marzo, 2023 - 12:30
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Rock en Familia: Hijos del rock and roll- Especial día do pai

Concerto de rock.

Como ben dicía Miguel Ríos, pai do rock no noso país ¨Boas noites, benvidos, fillos do Rock and Roll  aínda que neste caso sería máis ben ¨ Bos días ¨, xa que ROCK EN FAMILIA é un espectáculo pensado para celebrarse ao mediodía, un momento ideal para que grandes e pequenos, pais e fillos, compartan a experiencia da música en directo e pasen unha mañá en grao sumo divertida repasando algunhas das mellores cancións dos artistas máis destacados da historia do rock.

HIJOS DEL ROCK AND ROLL é un espectáculo producido por ROCK EN FAMILIA e presentado pola súa mascota EL OSO ROSENDO.

Nesta ocasión faremos un sorprendente repaso ás figuras máis influentes do noso rock a través dunha viaxe no tempo no que, da man da nosa incrible banda e en directo, gozaremos coas cancións que marcaron a mocidade dos papás pero, nesta ocasión, cos seus pequenos á beira.

Soarán MIGUEL RÍOS, EXTREMODURO, BARRICADA, ROSENDO, LOQUILLO, PLATERO e TI, etc. e cantaremos todos xuntos para gozar da experiencia inesquecible do ROCK EN FAMILIA. 

  • Rock en Familia: Hijos del rock and roll- Especial día del padre

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Xove Orquestra Terra Nova
15 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Orquestra Sinfónica de Galicia
15 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións