Evento: X Festival de San Patricio

X Festival de San Patricio
xoves, 16 marzo, 2023 a luns, 20 marzo, 2023
Praza de España,
Pontevedra

X Festival de San Patricio

Festival Galaico- Irlandés.

Todos os asistentes a este evento poderán gozar cos actos lúdico-festivos programados para a ocasión, onde a cervexa volverá ser a protagonista, música en directo, actividades para os máis pequenos, degustacións gastronómicas, unha caseta solidaria de recollida de produtos non perecedoiros para Ucraína e un partido de Rugby.

O xoves 17, o Mercado de Abastos celebrará unhas Xornadas Gastroirlandesas en dúas sesións de tarde, ás 19.30 e 20.30 horas, con pratos tradicionais como o irish salmon, irish stew e apple crumble, ademais da imprescindible cata de cervexas.

O sábado 19 ás 12.00 horas no campo de Monteporreiro celebrarase un partido conmemorativo de Rugby. Ás 13.00 horas, concerto no Mercado de Abastos do grupo Flip Corale.

Os grupos musicais participantes son: Gran Garaxe, Algo pasa con Mary, Jugones, Desconcerto e Son dás Tabernas. Os concertos de celebrasen cada día ás 19.00 e 22.00 horas, salvo o domingo 20, que está prevista unha sesión vermú.

Máis eventos de tipo Festival

Diversidarte: O festival das artes inclusivas
26 de marzo
Pazo da Cultura de Carballo
Aaronbril Tattoo Festival
21 de abril a 23 de abril
IFEVI (Instituto Ferial de Vigo)