Equipamento: Centro de Interpretación de Campo Lameiro

Centro de Interpretación de Campo Lameiro

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.

Ler máis

Nese sentido, o parque arqueolóxico é unha infraestrutura cultural para o ocio intelixente, un espazo no que aprender de maneira lúdica e participativa. É o lugar ideal para coñecer os petróglifos de Galicia -un dos máis destacados conxuntos de arte rupestre ao aire libre do continente europeo-, descubrir o significado destas misteriosas figuras e aproximarnos, de xeito rigoroso e didáctico, á vida cotiá dos nosos antepasados. Pero o parque tamén cumpre funcións para a investigación e a produción de coñecemento experto sobre os petróglifos de Galicia.

Dentro do parque intégrase o Centro de Interpretación de Campo Lameiro.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Autonómica

Servizos

Dispón de salas de proxeción, exposicións, biblioteca, fondos, cafetería e unha área de Documentación

Acceso

Libre

Espazos

  • Superficie de exposición e recepción, 250 metros cadrados
  • Superficie total, 5.000 metros cadrados

Datos de contacto

Dirección: Praderrei s/n 36119 Campo Lameiro

Teléfono: 986 69 60 66

e-mail: info@paar.es

Responsable: José Manuel Varela

Director

Abril, maio e xuño: pola semana de 10:00 a 18:00 h.

Sábados e domingos de 10:00 a 20:00 h.

O despacho de billetes pecha 1 hora antes

Comparte