Patrimonio: CAMPO LAMEIRO, BERCE ANCESTRAL DOS PETRÓGLIFOS DE GALICIA

CAMPO LAMEIRO, BERCE ANCESTRAL DOS PETRÓGLIFOS DE GALICIA

O PAAR de Campo Lameiro pon ao teu alcance 4.000 anos de historia. Descubre a maxia dos petróglifos

Situado en Campo Lameiro (Pontevedra), o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) é un equipamento cultural único para coñecer unha das máis características e primitivas manifestacións artísticas de Galicia: os petróglifos, signos e figuras gravadas nas rochas.

Ler máis

A visita ao Parque Arqueolóxico desenvólvese a partir do acceso a tres espazos diferenciados: un suxestivo e innovador espazo expositivo situado no interior do Centro de Interpretación, a área arqueolóxica anexa, de 22 hectáreas de extensión, na que podemos pasear e observar un conxunto excepcional de estacións rupestres nunha paisaxe moi semellante á do seu contexto orixinal, e unha recreación dun pequeno poboado no que se evocan aspectos da vida cotiá dos nosos antepasados da Idade do Bronce.

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, entre as parroquias de Paredes e Praderrei, é a suma de dous recursos complementarios. Dunha banda, o Centro de Interpretación e Documentación, concibido como centro de referencia para a investigación e conservación dos nosos petróglifos e como un espazo para o ocio intelixente. O segundo recurso é unha extraordinaria paisaxe cultural, de case 22 hectáreas de extensión, na que se observa un importante conxunto de petróglifos.

Comparte