Dinamización: ESPAZOS SONOROS 2013

ESPAZOS SONOROS 2013

Unha proposta diferente para gozar da música e difundir o patrimonio cultural

A música e o patrimonio cultural teñen unha nova cita no marco de Espazos Sonoros 2013 , un ciclo consolidado no panorama de festivais galegos que na súa sexta edición avanza na procura da calidade, do valor estético e tamén, cada vez máis, das novas tendencias musicais e do diálogo entre as artes en contornos pouco coñecidos e con engado.
 

Ler máis

A singularidade deste ciclo é, polo tanto, dobre: pola variedade de estilos que abrangue e polos espazos que acollen estes encontros, fóra dos auditorios convencionais, e que en 2013 achegarán o público ao patrimonio industrial, ademais de diferentes igrexas e espazos singulares do patrimonio de diferentes localidades de Galicia.

Desde o 8 de setembro ao 27 de outubro, Espazos Sonoros ofrece unha programación diferente cuns atractivos singulares para o lecer musical e para axudar a difundir o interese e o aprecio polo noso patrimonio cultural.

Igrexas, muíños, castros, museos e mesmo unha fábrica abren as portas para quen queira escoitar, ollar e participar na nova edición deste ciclo de música e patrimonio.

Programa:

- Domingo 8 de setembro, ás 20h.: concerto inugural, Il Combattimento, na Igrexa de San Salvador de Camzanzo, en Vila de Cruces (Pontevedra)

- Domingo 14 de setembro, ás 20h.: Marcos Teira, no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense)

- Domingo 15 de setembro, ás 20h: Odaiko Percussion Group, no Museo do Castro de Viladonga en Castro de Rei (Lugo)

- Sábado 21 de setembro, ás 16h: obradoiro infantil 'Constrúe o teu propio tubo', na Aula de Conferencias do Mosteiro de San Rosendo (Ourense)

- Domingo 22 de setembro, 19h: Marisol Mendive e Andrés Díaz, na Igrexa Santa María A Real en Xunqueira de Ambía (Ourense)

- Sábado 28 de setembro, ás 18h: obradoiro de achegamento á música antiga, nos Muíños de Marea do Pozo de Cachón en Muros ( A Coruña)

- Domingo 29 de setembro, ás 19h: Caxade, en Salgareiras de Moreira no Grove (Pontevedra)

- Mércores 2 de outubro, ás 20h: DandyLady, no IES Lucus Augusti de Lugo

- Domingo 6 de outubro, ás 19h: Gothic Voices, na Igrexa de Santa María de Armenteira en Meis (Pontevedra)

- Venres 11 de outubro, ás 20h.: Escoitas arredor de... Emilo Cao, no CGAC en Santiago de Compostela

- Sábado 12, ás 16h: visita ao Castro de Baroña, en Porto do Son (A Coruña)

- Domingo 13 de outubro, ás 19h: Cía. TrasPediante, na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo (Lugo)

- Sábado 19 de outubro, ás 20h: The Delightful Companion, no Museo Massó de Bueu (Pontevedra)

- Domingo 27, ás 20h: Música Acordada, na Igrexa do Mosteiro de San Rosendo de Celanova (Ourense)

  • Espazos Sonoros 2013
  • Concertos Espazos Sonoros 2013
  • Localizacións Espazos Sonoros 2013

Documentos relacionados

Comparte