Venres nas librarías

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O piloto. O último guerrilleiro

Presentación de Alfonos Eiré, dentro dos encontro entre autores e lectores dos Venres nas librarías

Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.

Galego

Non hai luz sen escuridade

Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a levará a atopar o dragón que lle pertence, Lea sae por primeira vez da escuridade dos seus dominios e agarda poder atopar a luz que vira unha vez sendo unha meniña.

Galego

De aquí para alá

De aquí para alá é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!

Galego

Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos

Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada en varios capítulos: fotografía coloreada, retoque analóxico, proxector de fondos, época romántica, cambio de estilo, ambientación, cerimonias, retrato, etc.

Galego

As Crónicas de Bran. Triloxía

A maxestuosa cidade de Elawei álzase no cumio da Montaña Sagrada. O mozo Nash, que de moi novo foi salvado dunha miserable vida nas minas para se converter no sucesor do trono do Palacio Áureo, ve o seu destino truncado cando a familia real consegue concibir un herdeiro de sangue. Os grandes mestres dos gremios preparan unha revolta para impedir a coroación do príncipe Bran, e así facerse co poder do reino. Para iso asinarán un perigoso pacto con Lord Daru, que comanda as tropas demoníacas que desde a Terra da Nada avanzan na conquista dos territorios pictos cara a cidade de Elawei.

Galego

O soño de Xoán

A navegación marítima sempre estivo moi pendente dos astros. Os ceos eran os mapas dos mares. Para aprender a lelos de xeito eficaz había que aventurarse a ir máis aló do permitido. A ousadía duns poucos permitiu ultrapasar os muros da ignorancia e rachar coa esfera das estrelas fixas que o delimitaba todo.

Galego

Historia de Galicia

Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando a inferir que este maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza.

Galego

Astropal. Un cometa con corazón

Astropal é un valoroso cometa que percorre sen parar a galaxia. Un día, de súpeto, atópase cun estraño obxecto. Co seu enxeño e co seu corazón bondadoso terá que enfrontarse a un problema...
Conseguirá resolvelo?

Autor e ilustrardora manteñen encontros coas lectoras e lectores dentro das presentacións literarias de Venres nas librarías.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Venres nas librarías