Koan
Na súa sexta edición, o ciclo Do Audible pecha cunha actuación no Vello Cárcere de Lugo. Aquí preséntase a proposta Koan, con Elliot Simpson. Da experiencia participan tamén os estudantes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes da cidade que, a partir dun obradoiro co músico, desenvolverán unha obra colectiva que explora a acústica do centro cultural.

