Aviso: Inícianse os procedementos para declarar BIC, con categoría de monumento, a Cova de Eirós

Inícianse os procedementos para declarar BIC, con categoría de monumento, a Cova de Eirós

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural coa categoría de monumento a Cova de Eirós, sita no lugar de Cancelo, na parroquia de San Cristovo de Cancelo, no termo municipal de Triacastela (Lugo).

A coñecida como Cova de Eirós sitúase próxima ao lugar de Cancelo, na ladeira setentrional do monte Penedo, na serra do Oribio, nas estribacións da Serra do Courel, a 780 m sobre o nivel do mar.

Aínda que se producen achados arqueolóxicos e paleontolóxicos ao longo de toda a cova, a principal concentración dos primeiros dáse na súa boca, onde se constatan ocupacións do paleolítico medio e superior, prehistoria recente e medieval. A principal concentración de osos das cavernas prodúcese ao fondo da galería leste, no lugar onde se formou o lago artificial. En canto á arte rupestre que se documenta na cova, ata o de agora están identificados un total de 13 paneis con 93 motivos que se concentran na gran sala e mais na galería leste.

Comparte