Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Rock por mil

Fabio, un biólogo mariño cunha gran paixón pola música rock, convenceu a 1.000 músicos de toda Italia a reunirse en Cesena para tocar Learn to Fly, o famoso éxito dos Foo Fighters. O seu obxectivo era convencer a Dave Grohl, o líder da banda, para que viñese tocar á súa cidade. Un videoclip da actuación xunto co discurso de Fabio publicouse en Youtube chegando a máis de 50 millóns visualizacións. Ante este feito, Dave Grohl decidiu facer realidade o soño dos mil músicos levando a Foo Fighters a actuar no pobo de Cesena.

Galego

Legado fílmico da familia Baltar

Proxección do arquivo da familia Baltar, recentemente recuperado para o público. Recóllense imaxes de Galicia gravadas desde 1928, pasando polos anos 30, 40 até os 70. Santiago, Rianxo, Pontecesures, Vilagarcía... Estes materiais foros descubertos a raíz da investigación que se iniciou coa novela Un señor elegante, de Suso de Toro, que á súa vez deu lugar á exposición Deber de Baltar, organizada polo Concello e comisariada por Pepe Barro, que pode verse até o 16 de abril no Colexio de Fonseca.
 

Galego

Jacquot de Nantes

Jacquot Demy é un neno duns once anos. Seu pai ten un taller mecánico e súa nai é perruqueira. Son felices e gústalles cantar e ver filmes. Jacquot, fascinado por toda clase de espectáculos (teatro, cinema, monicreques), merca unha cámara para realizar o seu primeiro filme amateur.

Galego

El mar de los peces. Notas sobre Terranova

Material inédito gravado durante a rodaxe do filme Terranova, do mesmo autor.

En 1988, o catalán Ferran Llagostera dirixiu "Gran Sol", unha historia situada nun barco pesqueiro que dirixía aos grandes bancos de pesca norte e que narraba as historias dos mariñeiros embarcados nel. Tres anos máis tarde, o director chamou a varios dos protagonistas desta película (Bisquert, Lucena, Iriondo) para rodar "Terranova", unha historia moi similar pero inspirada na novela "Ola mar es mala mujer” de Raúl Guerra Garrido.

Galego

Para Chiara

A familia Guerrasio e os seus amigos reúnense para celebrar o dezaoito aniversario da filla maior de Claudio e Carmela. Existe unha saudable rivalidade entre a homenaxeada e a súa irmá Chiara, de 16 anos, mentres compiten na pista de baile. É unha ocasión feliz e a familia está unida e en plena forma. Porén, todo cambia ao día seguinte cando Claudio desaparece. Chiara comeza a investigar: a medida que se achega á verdade, vese obrigada a decidir que tipo de futuro quere para ela.

Galego

O xoven Toscanini

Elizabeth Taylor, C. Thomas Howell, Sophie Ward, Franco Nero. Dir. Franco Zeffirelli) En 1866, o músico Arturo Toscanini ( Howell) é aínda un mozo descoñecido. Tras unha infrutuosa audición na Scala de Milán, un empresario contrátao como violonchelista nunha orquestra para unha xira da ópera "Aída" por Brasil. Alí coñece a Nadine (Elizabeth Taylor), unha soprano madura e consagrada, e a Margherita (Sophie Ward), unha nova misioneira comprometida coa causa dos pobres e a abolición da escravitude.

Galego

Richard e Cosima

Christoph Waltz, Otto Sander, Tatja Seibt, Fabienne Babe. Dir. Peter Patzak
Munich, 1865. O compositor Richard Wagner desata un gran escándalo ao manter un romance con Cosima, unha muller casada, filla do seu amigo o compositor Franz Liszt. Otto Sander, interpreta con convicción ao protagonista. 

Galego

Malher, unha sombra no pasado

Robert Powell, Georgina Hale, Lee Montagne, Oliver Reed. Dir. Ken Russell
Gustav Mahler (Robert Powell) foi un eminente compositor e director de orquesta. De orixen xudío, dende moi neno soportou o antisemitismo. Tuvo unha saude precaria  unha neurose obsesiva pola morte. Xa maior casou cunha muller xoven, culta e moi bela, Alma Mahler, tendo un matrimonio apaisoado e cheo de conflictos.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual