Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Onoda, 10.000 noites na xungla

Finais de 1944. Xapón está a ser derrotado na II Guerra Mundial. Ás ordes do misterioso Maior Taniguchi, o mozo tenente Hiroo Onoda é enviado a unha illa filipina pouco antes de que aconteza o desembarco estadounidense. Levando canda si un fato de soldados, Onoda comeza unha misión delirante nas profundidades da xungla, unha guerra secreta e ilusoria. O obxectivo principal: non morrer. Para o Imperio nipón, a guerra está a piques de rematar. Para Onoda, rematará 10.000 noites despois.

Galego

Outside Noise

De volta de Nova York, Daniela non está segura do que vai facer. Polas noites non pode durmir. Visita á súa amiga Mia, que está rematando un máster en Berlín. Xunto con Natascha, que está pensando en mudarse a Viena, pasean e falan. Rodada en 16 mm, Outside Noise é un filme sobre a amizade que segue os seus encontros en Berlín e Viena durante varios meses.

Galego

AMANTIS. Selfies, sexting e outras formas de amar(se)

Amantis indaga en como as redes sociais, o selfie, o sexting e as crises que están atravesando a vida da mocidade inflúen na creación da identidade propia.

Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é.

Galego

Alcarràs

Como cada verán, en Alcarrás, unha pequena localidade rural de Cataluña, a familia Solé cultiva unha grande extensión de pexegueiros. Despois de oitenta anos cultivando a mesma terra, a familia reúnese para realizar xuntos a súa última colleita.

Galego

Foco Nouvelle Vague | Curtametraxes#03: As viúvas de 15 anos, O canto do estireno, Janine e Á memoria do rock

As viúvas de 15 anos
Les veuves de 15 ans | Jean Rouch | 1966 | 24 min
Jean Rouch observa a vida de dúas mozas na procura do amor e a felicidade na sociedade burguesa parisiense. Aparentemente un documental sobre adolescentes, o filme é máis unha crítica da neglixencia e a superficialidade da mocidade de clase media na década de 1960.

Galego

Zog e os doutores voadores

Zog e os doutores voadores (Zog and the flying doctors), Sean Mullen, Reino Unido, 2020, 26’
A princesa Perla, o cabaleiro Gadabout e o dragón Zog forman un equipo de doutores do máis entregado. Os tres están decididos a curar todo tipo de criaturas, desde unha serea coa pel queimada polo sol a un león gripallento. Pero o peor dos enfermos será o rei, tío de Perla, quen desconfía das capacidades da súa sobriña e non acepta que escollera ser médica. Conseguirán os doutores voadores facerse valer ante o rei?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual