Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Lady Macbeth

A Inglaterra rural de 1865. Katherine (Florence Pugh) vive angustiada por culpa do seu matrimonio cun home amargado ao que non quere e que lle dobra a idade, e da súa fría e desapiadada familia.

Cando se embarca nun apaixonado idilio cun mozo traballador da leira do seu marido, no seu interior desátase unha forza tan poderosa que nada lle impedirá tentar conseguir o que desexa.

Galego

Insular Bodies e Aún

Insular bodies 

A película xoga coas materialidades. Qué sucede cando colocamos ao mesmo nivel o humano e o biolóxico, a carne e a pedra, o vento, a auga e o cabelo? Insular Bodies chámanos a atención sobre os extravagantes enredos entre o humano e o non humano, o vivo e o non vivo, e desenvolve imaxes poéticas dunha ecoloxía que non mostra xerarquías senón que se achega a escenarios utópicos de consonancia.

AÚN

Galego

A librería

Nun pequeno pobo da Inglaterra de 1959, unha nova muller decide, en contra do educada pero implacable oposición veciñal, abrir a primeira librería que houbese nunca nesa zona.

Con: Emily Mortimer e Patricia Clarkson.

Galego

La danseuse

A película acompaña a viaxe da bailarina estadounidense Loïe Fuller (Stéphanie Sokolinski) a Francia, onde se convirte nun icono do cabaret da Belle Époque e nunha recoñecida bailarina da Ópera de París.

Na película, a protagonista sofre dores de espalda e ten problemas nos ollos que non lle permiten perfeccionar a súa danza. 

A chegada de Isadora Duncan, bailarina nova e prodixiosa con gran ambición polo éxito, precipita a súa caída, nunha historia chea de sacrificio e esforzo. 

Galego

Os espigadores e a espigadora

Percorrendo Francia, Agnès Varda encontrouse con espigadores, recolectores, xente que busca entre o lixo. Por necesidade ou por puro azar, estas xentes recollen os obxectos desbotados por outros. O seu mundo é sorprendente. E a directora, á súa maneira, é tamén unha especie de espigadora que selecciona e recolle imaxes aquí e aló.

Galego

Vaca

Vaca mergúllanos na traxectoria vital e a rutina de traballo dunha vaca nunha explotación gandeira. Unha proposta que desencadea emocións inesperadas e conecta plenamente cunha nova sensibilidade coa contorna natural. A obra máis radical da tres veces gañador do Premio do Xurado en Cannes con Red Road, Fish Tank e American Honey.

Galego

Superverme

Superverme (Superworm), Jac Hamman, Sarah Scrimgeour, Reino Unido, 2021, 26’
Animais do bosque, non temades, ¡Supergusano está aquí! Longo, forte e con habilidades que vos sorprenderán, será capaz de axudar a arañas e sapos a saír das peores das situacións. Pero ¿quen o rescatará cando sexa capturado polo malvado lagarto? Un filme encantador, dos creadores de O Grúfalo e Zog, acompañado de catro pequenas historias sobre a amizade e o compañeirismo.

Galego

Un cielo tan turbio

Á sombra de monumentais refinerías que emerxen coma templos cromados, "Un cielo tan turbio" viaxa por diversas paisaxes fronteirizas de Venezuela, o primeiro petro-estado, hoxe golpeado pola peor crise política e humanitaria que Sudamérica viviu no século XXI. Baixo ceos que auguran tormenta, somnolentos militares axexan no medio do mar Caribe, migrantes vagan por lúgubres vilas fronteirizas entre Venezuela e Brasil, e contrabandistas apuran os últimos barrís de gasolina cruzando clandestinamente polas trochas do hostil Deserto Guajiro.

Galego

Mil incendios

Na rexión de Magway de Myanmar, un país que alberga unha das industrias petroleiras máis antigas do mundo, viven o matrimonio Thein Shwe e Htwe Tin. Operando un campo petroleiro non regulado, producen un barril cada poucos días. O principal obxectivo dos nosos protagonistas é que os seus fillos teñan unha vida mellor. É unha familia moi unida: dous fillos adolescentes viven con eles, e a filla maior está de visita coa súa filla pequena, e con todo, céntranse no seu fillo maior, Zin Ko Aung; que non quere seguir coa extracción de petróleo e todo o que conleva.

Galego

Fe y libertad

Dúas novas monxas nárrannos en primeira persoa a súa historia de amor en común. Viven en dous conventos separados en Croacia, pero os espazos que unha vez consideraron refuxios espirituais resultan ser máis terreais do esperado. Desilusionadas coa Igrexa e os abusos dentro da institución, cheas de contradicións e impulsadas polo seu amor, toman a decisión máis difícil da súa vida: abandonar o convento e comezar unha nova vida xuntas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual