Presentación do documental “Inês, aquilo que nos une” de MJ Pérez
A biblioteca cede o espazo para a presentación do documental “Inês, aquilo que nos une”. Trátase dunha peza documental realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22 que conta a historia de Inés de Castro, coñecida como “a raíña despois de morta”, que protagonizou un dos capítulos máis importantes da historia de Portugal e que é case descoñecida a esta beira do Miño.

