Resonancias do pasado
A través de vellas películas que gardaba a veciñanza de Vilagarcía de Arousa e que doaron á asociación O Faiado da Memoria, reconstrúese a vida dun pobo que xa pouco ten que ver con aquel que se representa. O filme compón e descompón un crebacabezas de vivencias e espazos que van dos anos 20 aos 80 e que un grupo de persoas de distintas idades, reunidas arredor dun proxector nun hipotético salón dunha casa, van vendo e comentando as imaxes.

