Elas
O compositor e cineasta Aaron Siebert, con raíces en Camos, presenta esta tarde ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a súa ópera prima "Elas", película inspirada na súa avoa e na que rende homenaxe ás mulleres galegas. O filme, rodado en parte en Galicia e con posprodución en EEUU, contou para a súa gravación coa colaboración do Concello de Nigrán e recentemente obtivo o primeiro Premio "FETUS" no Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM).

