Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Unha cuestión de xénero

Elas volven ser as protagonistas do noso ciclo de cinema. Tres películas que dan voz a mulleres valentes, atrevidas, loitadoras... Este ciclo vira ao redor da muller e trata temas como a reivindicación de dereitos, o voto, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres no mundo.

Biopic sobre Ruth Ginsburg, a segunda muller na historia que exerceu como xuíza no Tribunal Supremo dos EE. UU. Ruth abriu o camiño para a igualdade nos Tribunais cun caso singular sobre discriminación de xénero.

Galego

Muro, muros

Muro, muros é un documental sobre os murais de Los Angeles, é dicir, as pinturas nos muros da cidade. Quen os pinta. Quen os paga. Quen os está mirando. Como esta cidade, que é a capital do cinema, se revela sen efectos especiais, cos seus habitantes polos seus muros murmurantes. Os muros californianas falan cunha franqueza que os descobre.

Galego

9 Fugas

Unha orquestra improvisa. A súa música ten o poder de evocar historias, de revelar pantasmas do pasado. A sinfonía recupera a historia dunha traballadora portuaria que loita contra o silencio nun océano sen memoria.
Nove fugas. Nove historias en busca dunha saída. A enfermidade, o esquecemento, nunha dimensión individual e social nunha realidade palindrómica.

Galego

A peor persoa do mundo

Julie vai cumprir os trinta e a súa vida é un desastre existencial. Xa desperdiciou parte do seu talento e o seu mozo Aksel, un novelista gráfico con éxito e maior ca ela, insístelle en que conteña a súa enerxía creativa e sente a cabeza. Unha noite cóase nunha festa e coñece o novo e encantador Eivind. Tardará pouco en romper con Aksel e embarcarse nunha nova relación coa esperanza de que a súa vida adquira unha nova perspectiva. Porén, terá que decatarse de que xa é demasiado tarde para certas opcións vitais.

Galego

Introduction

Youngho navega entre o seu soño de converterse en actor, os seus dilemas amorosos e as expectativas de seus pais: un acupuntor de prestixio con quen mantén unha relación distante, e unha nai inqueda que o anima a centrarse na súa carreira. Cando a súa moza Juwon decide viaxar a Berlín para estudar deseño de moda, Youngho sorpréndea cunha visita.

Un conto de inverno en tres movementos onde un sorriso compartido, unha aperta inesperada ou un baño xeado no mar poden ser unha oportunidade para comezar de novo.

Galego

Persischstunden

Francia, 1942. Gilles é arrestado por soldados das SS xunto con outros xudeus e enviado a un campo de concentración en Alemaña. alí consegue evitar a execución ao xurar aos gardas que non é xudeu, senón persa. Grazas a esta artimaña, Gilles consegue manterse con vida, pero terá que ensinar un idioma que non coñece ao oficial do campo. Á vez que unha gran amizade crece entre eles, as sospeitas dos soldados non tardarán en aparecer.

Galego

AS MULLERES E O TRABALLO DO MAR EN TERRA

Vídeo cunha selección de imaxes do seu arquivo fotográfico que ilustra o traballo das mulleres. Froito dunha análise patriarcal antropocéntrica determinouse que as tarefas valoradas son as que fan os homes e as que fan as mulleres son traballos secundarios e complementarios.

No sector pesqueiro tradicional mantense a separación arcaica que supón que os labores de extracción a flote atribúense aos homes e as que se desenvolven en terra ás mulleres.

Galego

Unha canta, a outra non

Presenta a vida de dúas mulleres na Francia do 1960, co movemento feminista no que participou Varda como telón de fondo. Pomme e Suzanne coñécense cando Pomme axuda a Suzanne a abortar despois dun terceiro embarazo que non pode costear. Perderán o contacto, pero volverán atoparse dez anos despois. Pomme é cantante e Suzanne traballadora comunitaria. A pesar das súas diferenzas, seguirán sendo amigas, compartindo varios conflitos e afirmando as súas identidades femininas.

Galego

Centenario Pasolini: Edipo Rei

Edipo, fillo de Layo e Yocasta, reis de Tebas, é abandonado de neno ao coñecer por unha profecía que será o asasino do seu pai. Pero o neno é salvado e adoptado polo rei de Corinto. Sen coñecer as súas orixes, regresa a Tebas cando xa é adulto e crúzase no seu camiño con Layo. Tras unha discusión, mátao, sen saber que era o seu pai. Posteriormente contrae matrimonio en Tebas coa viúva do rei, é dicir, a súa propia nai.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual