Black Narcissus
Cinco relixiosas protestantes parten de Calcuta coa misión de propagar a palabra e os exemplos de Cristo entre os habitantes dunha das rexións máis abatidas do mundo, no monte Kanchanjanga, no Himalaya.

Cinco relixiosas protestantes parten de Calcuta coa misión de propagar a palabra e os exemplos de Cristo entre os habitantes dunha das rexións máis abatidas do mundo, no monte Kanchanjanga, no Himalaya.
Gapard presume de que a el nunca lle ocorreu nada, nin bo nin malo. Para pasar as vacacións de verán instálase nunha habitación que lle prestou un compañeiro de facultade mentres espera a chegada dun hipotética Léna.
Un filme realmente importante, por canto relanzou o cinema fantástico tras unha longa crise e remocicou un dos seus mitos capitais conferíndolle novos atractivos.
A súa realización combina a elegancia mortuoria cunha serie de suxestións eróticas que adornan a historia de maneira tan turbadora como inquietante. Tivo unha digna continuación nas ""noivas de Drácula"".
Un equipo de televisión de Teherán chega a unha remota aldea kurda para filmar unha cerimonia fúnebre pouco corrente, pero o seu propósito verase truncado cando a anciá que esperaban ver morrer se aferra á vida.
Esta é unha fábula sobre a frustración profesional e persoal, este divertido drama é a máis tentadoramente opaca e alusiva das películas de Kiarostami.
As imaxes e tradicións de base relixiosa atravesan as vidas de todas as persoas que habitan Sevilla. Historicamente, tamén os mariquitas da cidade asimiláronas desde a súa infancia e a través delas foron armando espazos de encontro e códigos propios. Na actualidade, novas identidades disidentes seguen respondendo a estas tradicións: participan ou afástanse, continúan o que existe ou transfórmano. Este filme mira a esas tradicións desde unha perspectiva sempre relegada inxustamente ás marxes.
Cando a súa avoa enferma gravemente, Camila vese obrigada a trasladarse a Buenos Aires e deixar atrás as súas amizades. O cambio dun instituto público liberal por unha institución privada tradicional non fará máis que aumentar o temperamento prematuro pero feroz de Camila. Mentres lida coas turbulencias propias da adolescencia, descobre os seus sentimentos por Clara, unha compañeira de clase cun segredo.
As altas mesetas do Tíbet. No corazón dos vales virxes e inaccesibles atópase un dos derradeiros santuarios da vida salvaxe, habitada por unha fauna descoñecida e pouco común. Vincent Munier, un dos fotógrafos de natureza máis famosos do mundo, viaxa xunto ao aventureiro e escritor Sylvain Tesson, por quen sente unha gran admiración. Durante varias semanas, percorrerán estes vales na procura de animais singulares e tratarán de avistar o leopardo das neves, un dos felinos máis raros e máis difíciles de abordar.
Unha nena pequena vive nun mundo de adultos xunto a súa nai, quen intenta preparala para a dura realidade, esperando que a súa filla creza rápido. Pero, grazas ao excéntrico e amable aviador que ten como veciño, a xoven descubrirá que existe outro mundo onde todo é posible.
Así, escoitará fascinada as interesantaes historias sobre o Pincipiño, á vez que comprende a importancia de prestar atención aas cousas realmente importantes.
Gañadora da Palma de Ouro en Cannes no ano 1997, O sabor das cereixas é unha complexa e emocionante reflexión sobre a vida e a morte. Un home de mediana idade, Mr. Badii, conduce polas montañas das aforas de Teherán, buscando a alguén que o salve ou o enterre. Esta situación permítelle coñecer a unha gran variedade de personaxes.
A Jessica (Tilda Swinton), botánica británica establecida en Colombia, espértaa unha noite un son como de outro mundo. A protagonista emprende unha viaxe ata o corazón da selva en busca da orixe deste ruido que só ela parece oír, e alí encontra a un home que atesoura toda a memoria do lugar.