Pig
Rob deixou o seu pasado atrás. Agora vive illado nunha cabana medio escanastrada nun bosque de Oregón. A súa única compaña, e medio de vida, é a súa porca buscadora de trufas. O único contacto de Rob co mundo é Amir, quen lle merca as trufas para os restaurantes da cidade. Cando secuestran á súa cocha, Rob lánzase na súa busca nun estraño submundo criminal dos restaurantes de Portland.

