Vida Ártabra
Para relatar esta historia de forma fidedigna, Prada reuniu a todos os axentes implicados.

Para relatar esta historia de forma fidedigna, Prada reuniu a todos os axentes implicados.
A symphony of noise leva o espectador a unha viaxe con Matthew Herbert, directamente á mente do revolucionario músico e compositor británico, coñecido polas súas excelentes pezas que combinan música derivada de sons da vida real con temas politicamente sensibles. Durante dez anos, Enrique Sánchez Lansch acompañou o músico no seu proceso creativo de concibir, gravar e interpretar os seus proxectos máis emocionantes e as súas diversas actividades. Para o artista británico, a música non é só un produto, senón un proceso.
Échos, Éliane Radigue
O filme aborda o mundo da pioneira do son Éliane Radigue (1932) desde una perspectiva de proximidade. A cineasta francesa Eléonore Huisse e o artista sonoro François J. Bonnet visitan a casa da súa amiga Éliane en París en tempos de distanciamento social y peche para explorar cuestións relacionadas coa soidade, a imaxinación, o retiro, a voz interior e a temporalidade, cuestións que resoan co traballo e a filosofía de Radigue.
Kata, viúva, está entrando nos corenta sen fillos. O seu amante, casado, non desexa telos con ela. De maneira fortuíta entra na súa vida unha moza escapada dun orfanato que lle pide refuxiarse na súa casa. Inicialmente reticente, Kata acóllea e comeza a encariñarse con ela. Axúdaa a deixar a institución e a casar cun rapaz ao que ama. Ademais, a relación entre ambas mulleres esperta en Kata a determinación para cambiar o que non lle gusta da súa situación vital.
Na illa de Tahití, na Polinesia Francesa, o Alto Comisario da República, De Roller, representante do Estado francés, é un home calculador de maneiras impecables. Tanto nas recepcións oficiais como nos establecementos ilegais, non deixa de tomar o pulso a unha poboación local cuxa ira pode despertarse en calquera momento. E máis aínda cando un rumor se instala: parece avistarse un submarino, cuxa presencia fantasmal podería anunciar que se retomaron os ensaios nucleares franceses.
Thriller trepidante sobre a desaparición de Jacobo Grinberg, especialista no estudo da telepatía e considerado para moitos como o Einstein da conciencia.
Drama familiar baseado na Segunda Guerra Mundial, situado en Tokyo no ano 1940.
A familia Nogami ten unha vida pacífica a pesar do ocorrido ultimamente, pero de súpeto o cabeza de familia, Shigeru, é acusado de ser comunista e é detido por iso. A súa esposa traballa día e noite frenéticamente para poder dar para comer ás súas dúas fillas co apoio de Hisako, a irmá de Shigeru. A Segunda Guerra Mundial arroxa horribles e fatídicas noticias, pero Kayo aínda garda unha última esperanza de que o seu marido volva algún día.
Nas estepas de Volga Bajo, en Rusia, os kamulkos cren que o nacemento dun camelo albino é sinal de boa sorte. Altynka é unha cría de camelo albino que é vendida polo patriarca dunha familia para poder afrontar economicamente o nacemento do seu novo fillo. Tras a venta de Altynka, a súa nai, Mara, fuxe para atopar á súa cría. A súa desesperación é un desastre para a familia, polo que o fillo maior, Bayir, aos seus doce anos, emprende unha viaxe pola estepa subido nunha vella moto para atopar a Mara, que é a base do sustento familiar.
Nun remoto val do interior de California atópase o rancho Hayward para a doma de cabalos empregados nas rodaxes de Hollywood. Un día dous traballadores son testemuñas dun suceso tan insólito como arrepiante. Daniel Kaluuya (Déixame saír) encabeza o elenco da terceira creación de Jordan Peele, o grande cineasta do terror racial.
Katia era xeoquímica e Maurice xeólogo. O Etna e o Stromboli, os seus referentes. Xuntos compartiron unha vida apaixonante, un amor volcánico e rebuldeiro vivido ao límite.
Nos anos 70 iniciaron unha procura conxunta que duraría dúas décadas e levaríaos a viaxar por todo o mundo para estudar a erupción dos volcáns. Zaire, Hawaii, Indonesia, Estados Unidos, Xapón... Maurice filmaba en 16mm e Katia facía fotos a pé dos cráteres. Nunca se viron unhas imaxes similares.