Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O delator

Irlanda 1922. Traizón entre amigos para un coñecido filme de Ford. Rodada en menos de 3 semanas. No axitado Dublín dos anos vinte, Gypo Nolan, un tipo sen oficio nin beneficio, expulsado do Exército de Liberación Irlandés e con tendencia a empinar o cóbado, soña con viaxar aos Estados Unidos en compañía da súa moza, Katie, que se gañou a vida como prostituta. Animado pola recompensa que ofrecen as autoridades, Gypo delata o paradeiro do activista Frankie McPhillip, un vello amigo e compañeiro.

Galego

Vortex

A historia segue a unha parella de anciáns. El ten problemas de corazón e ela padece Alzheimer. Unha ollada próxima á realidade deste matrimonio que trata de facer fronte ás súas enfermidades e ao paso do tempo.

Galego

O cabalo de ferro

Considerado o mellor filme da época muda de John Ford, un western arredor do ferrocarril e o espírito pioneiro dos Estados Unidos de América. O presidente Lincoln autorizou a construción dun enlace entre as liñas ferroviarias da Union Pacific e a Central Pacific.

Galego

Alcarrás

Durante xeracións, a familia Solé cultiva unha gran extensión de melocotoneiros en Alcarrás, unha pequena localidade de Cataluña. Pero este verán poida que sexa a última colleita...

Galego

Valentina

Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e moitas cancións, anímaa sempre a perseverar: “Se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!” Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para se converter en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa?

Galego

Bella e o circo máxico

Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos decidiron montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Ela Bela asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un neno novo na veciñanza, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular, cegando a Henry.

Galego

Conto de inverno

Durante unhas vacacións estivais, Felice e Charles teñen un apaixonado romance, pero debido a unha confusión de direccións perden o contacto. Cinco anos despois, en Nadal, Felice vive en París coa súa nai e coa súa filla nacida nove meses despois daquel verán. Na súa vida sentimental, Felicia dubida entre Maxence, un peiteador, e Loic, un libreiro intelectual, pero é incapaz de comprometerse con ningún deles porque non pode esquecer ao seu antigo amor.

Galego

Conto de primavera

Unha profesora de filosofía nova é invitada a pasar unha fin de semana no campo por unha amiga, quen tamén leva ao seu pai, que á súa vez vai acompañado da súa amante, á que a súa filla non soporta. Por determinadas circunstancias, a moza e o pai da súa amiga fican sós.

Galego

O caracol e a balea

Con espírito inquieto e ganas de descubrir mundo, un pequeno caracol embárcase nunha viaxe á cola dunha balea xibardo. Pero un día, a balea perde o rumbo e termina varada nunha baía illada. Como fará o pequeno caracol para rescatala? 

Esta bonita historia dunha amizade improbábel ven acompañada de tres curtametraxes tocadas polo poder do mar:

A folla ( Leaf), de Aliona  Baranova: Un mariñeiro recibe unha bonita folla de outono dunha nena que lle lembra ao seu fogar. Que atopará cando volva a casa?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual