XLIV Semana de Cine de Lugo
Coma en anos anteriores a Biblioteca colabora na Semana de Cine de Lugo.
Nesta ocasión dedícase a María Casares

Coma en anos anteriores a Biblioteca colabora na Semana de Cine de Lugo.
Nesta ocasión dedícase a María Casares
O creador das series e longametraxes de animación española que marcaron a varias xeracións descóbrese para o gran público en "Cruz Delgado, un quijote de la animación española".
Fei gaña a vida na gran cidade traballando na prostitución. O seu mundo derrúbase cando se dá conta de que a súa familia acepta os seus cartos pero non a súa forma de vida nin a súa homosexualidade. Co corazón roto, Fei loita por comezar unha nova vida.
Pasaron os anos e Shuzo e a súa esposa Tomiko teñen problemas matrimoniais.
O seu fillo maior Konosuke, pregúntase se o seu pai xa non ten idade para conducir. Así que coa axuda da súa muller e dos seus irmáns organizan un plan para quitarlle o carné de conducir. Pero alguén reaparece na vida de Shuzo. Secuela de 'Marabillosa familia de Tokio'.
A aventura empeza nun curral, Koky, un galo amante da música pasa as noites bailando. Ao amencer, adormece e non canta. Perseguido polo granxeiro, Koky foxe da granxa.
Nunha casa retirada, situada na costa de Líbano, unha familia que decidiu exiliarse da gran cidade debe enfrontarse ao goberno polo grande incinerador de lixo que instalan nos seus arredores.
Os tres fillos dunha parella que se achega ao seu 50 aniversario de voda entran en shock cando a súa nai pide o divorcio.
Corre o século XVII, Gulliver, mozo aventureiro, navega nunha das súas viaxes de exploración. Desencadéase unha forte tempestade e o seu navío afúndese.
Consegue chegar a nado a unha illa que resulta ser Brodiñac, o país dos xigantes. Recólleo un pescador que o leva á súa casa onde coñece á súa filla Glundalich, unha nena da que se fai amigo. Con todo, o pescador decide vendelo nunha feira.
Nora entra en primaria e pouco despois descobre o acoso que sofre o seu irmán maior, Abel. Nora debátese entre a necesidade de integrarse e o seu irmán, que lle pide que garde silencio.
O vello Shukichi Hirayama (Hashizume) e a súa esposa Tomiko (Yoshiyuki) viven nunha pequena illa. Aínda que non lles gusta a vida urbana, van a Tokio a pasar uns días cos seus fillos.
O maior (Masahiko Nishimura) dirixe un Hospital ; a mediana (Tomoko Nakajima) é dona dun salón de beleza, e o pequeno (Satoshi Tsumabuki) traballa no teatro. Remake de "Contos de Tokio" de Yasujiro Ozu.