Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Crimes do futuro

Cando a especie humana se adapta a un entorno artificial, o corpo humano é obxecto de novas transformacións e mutacións. Coa a axuda da súa compañeira Caprice (Léa Seydoux), Saul Tenser (Viggo Mortensen), célebre artista performativo, escenifica a metamorfose dos seus órganos en espectáculos de vangarda. Timlin (Kristen Stewart), unha investigadora da Oficina do Rexistro Nacional de Órganos, segue de preto as súas prácticas. É entón cando un grupo misterioso aparece: desexan aproveitar a fama de Saul para revelar ao mundo a próxima etapa da evolución humana...

Galego

Os canallas

Marco Silvestri, capitán dun cargueiro, recibe unha chamada para que vaia inmediatamente a París. A súa irmá Sandra está desesperada: o seu home suicidouse, a empresa familiar está ao borde da quebra e a súa filla foi internada nun centro psiquiátrico. Sandra acusa ao poderoso empresario Edouard Laporte de ser o responsable da situación. Decidido a atopar o punto débil deste home para poder vingarse del, Marco múdase ao edificio onde vive Raphaelle, a amante de Laporte.

Galego

O heroe do río

Cineconcerto que propón unha viaxe ao cine mudo dos anos vinte con música en directo. En “O heroe do Río”, unha das mellores comedias de Buster Keaton, o protagonista trata de impresionar á súa noiva mentres se esforza por cumprir coas expectativas do seu pai. A acción desenvólvese no Mississippi, onde dous empresarios compiten polo control do transporte de mercadorías. Un deles é o pai do protagonista, que chega para axudar no negocio despois de estar estudando na cidade e namora da filla do rival.

Galego

Diario para os meus amores

Inicios dos cincuenta. Juli intenta estudar cinema en Budapest, pero a súa solicitude é denegada. Vaise a Moscú cursar a carreira. Ao seu regreso, intenta acabar o seu filme de graduación, mais ten dificultades porque as autoridades competentes non o aceptan. Vese obrigada a ceder no terreo artístico. Mentres, en Budapest, deteñen a János e presiónano para que realice unha confesión.

Galego

La Chinoise

Cinco mozos pasan o verán nun apartamento emprestado en París. Inspirados polas teorías comunistas de Mao, recorren a medios extremos para loitar polo seu desexo de transformar o mundo. Como reza o primeiro rótulo do filme, esta película está “en proceso de facerse”, unha declaración que presaxia a vaga de cambios que chegaría no 68.

Galego

A mamá e a puta

Alexandre é un mozo burgués cínico e egoísta que viven en París. Atópase nunha fase nihilista da súa existencia: non estuda, non traballa e apenas se interesa polos libros ou pola música. O único que lle interesa son as mulleres e, ademais, vive a conta delas. Pouco a pouco vai formando con Marie e Veronika, a pesar da inicial resistencia de ambas, un atípico 'menage à trois" que, para el, é absolutamente satisfactorio porque representa un equilibrio entre o sexual, o maternal e o material.

Galego

Mi vacío y yo

Raphi é unha persoa nova, andróxina e algo naíf. Escribe poemas e soña con namorar dun príncipe azul. Da súa Francia natal trasládase a Barcelona, onde a realidade está moi lonxe de ser como a proxecta. Tras ser diagnosticada de disforia de xénero, comezará unha ardua viaxe para asumir a súa verdadeira identidade. Médicas, compañeiras, artistas e homes que vai coñecendo daranlle os seus propios consellos, pero só o tempo e a experiencia axudarán a Raphi a atopar o seu lugar no mundo.

Galego

Il buco

En agosto de 1961, os espeleólogos do florecente norte de Italia chegan a unha meseta de Calabria onde o tempo parece deterse. Os intrusos descobren unha das covas máis profundas do mundo, o abismo de Bifurto, baixo a mirada dun vello pastor, única testemuña do territorio virxe.

Gañadora do Premio especial do Xurado en Venecia, Il Buco é unha viaxe a unha Calabria edénica, allea ao balbordo do mundo moderno. Un filme de imaxes cristalinas que nos limpa a mirada para que nos sintamos como eses exploradores das profundidades que descobren por primeira vez o interior do mundo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual