Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Domino

Christian é un policía danés de Copenhague que se asocia cunha oficial para tentar localizar ao asasino do seu compañeiro, un libio que ten importantes conexións.

Galego

Visión (Viaxe a Nara)

Nos bosques da rexión xaponesa de Nara a xornalista francesa Jeanne (Juliette Binoche) busca unha rara planta medicinal que só medra nesa paraxe boscosa.  

Alí coñece a un misterioso home que vive nas montañas, Aki (Masatoshi Nagase). A pesar da barreira da linguaxe e a cultura, ambos sentirán a necesidade de achegarse o un ao outro.

Galego

A viaxe de Nisha

Nisha, unha moza de 16 anos, vive en Noruega unha dobre vida. En casa é a perfecta filla paquistaní, mais cando sae cos seus amigos convértese nunha moza occidental, acorde coa sociedade en que vive.

Cando o seu pai a sorprende co seu mozo no seu cuarto, os seus dous mundos chocan. Para darlle unha lección, os seus pais deciden mandala a Paquistán, onde terá que adaptarse a aquela sociedade.

Galego

Diario para os meus pais

Outubro de 1956. Juli non pode volver a Hungría desde Moscova porque as fronteiras están pechadas. Os soviéticos invadiron Budapest e depuxeron ao primeiro ministro Imre Nagy. János participa activamente nestes eventos. Cando por fin Juli pode regresar, intenta inmortalizar todo o que está a acontecer. Escapa con János a Austria porque temen pola súa vida, mais finalmente decide volver e é brutalmente executado na forca.

Galego

A barca do vento

A través do programa de curtametraxes A barca e o vento entonamos un canto á diversidade estética á vez que viaxamos a diferentes paisaxes físicos e emocionais que nos fan apreciar a grandeza da natureza e a necesidade de vivir en concordia.

Galego

Lume

Cando se coñeceron, Sara vivía con François, o mellor amigo de Jean. Agora, Jean e Sara quérense e viven xuntos desde hai 10 anos. Un día, Sara ve a François pola rúa. El non se decata, pero a ela invádelle a sensación de que a súa vida podería mudar repentinamente. Ao mesmo tempo, François retoma o contacto con Jean por primeira vez en anos e proponlle volver a traballar xuntos.

Galego

Lingui. Lazos sagrados

Ás aforas de N'djamena en Chad, Amina vive soa con María, a súa única filla de 15 anos. O seu mundo, que xa é bastante fráxil, derrúbase o día que descobre que a súa filla está embarazada. A adolescente non quere ese embarazo. Nun país onde o aborto non só está condenado pola relixión, senón tamén pola lei, Amina ten que facer fronte a unha batalla que semella perdida por adiantado...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual