Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Jacinto

Jacinto é un rapaz de nove anos encerrado no corpo dun home de preto de cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, unha vila en ruínas no medo dos montes de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo muda coa chegada dunha parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas black metaleras chegadas da Suecia na procura dun lugar tranquilo no que gravar un novo disco da súa banda "Tardigrades".

Galego

En los márgenes

En los Márgenes é un filme sobre a familia, o amor e a solidariedade. A conta atrás de tres personaxes con tres historias entrelazadas que tratan de sobrevivir a 24 horas claves que poden cambiar para sempre o curso das súas vidas. O filme explora o efecto que unha situación de estrés económico ten sobre as relacións persoais e como o afecto e a solidariedade poden ser un motor para saír adiante. Unha emocionante viaxe a contrarreloxo nas marxes dunha gran cidade.

Galego

PROXECCIÓN DO DOCUMENTARIO "CIRCO DE ARTESÁNS: O ATENEO DE GALICIA"

PROXECCIÓN DO DOCUMENTARIO "CIRCO DE ARTESÁNS: O ATENEO DE GALICIA" EN SADA

7 DE OUTUBRO NA CAPELA DE SAN ROQUE DE SADA

Coa colaboración do CONCELLO DE SADA, proxectarase o filme que ofrece unha nova visión de capítulos esenciais e descoñecidos da historia da cidade da Coruña e de Galicia.

Despois haberá un coloquio.

Día 7 de outubro, ás 20 horas, na Capela de San Roque, na Praza de España de Sada

Entrada Libre e Gratuíta.

Playlist 4- The lost record

É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s. XXI sen comprendelos como un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara a unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.

O disco perdido

Galego

Sofía + Eva Geist & María Torres + Andrés Rodríguez + Iván Nespereira

Andrés Rodrigues + Iván Nespereira ft. INCRA

Incra é unha proposta audiovisual que, a través da semiótica da imaxe e do son presente no traballo do ferro, propón un espectáculo industrial que experimenta coa abstracción dos elementos da forxa. Fusiónase, para iso, a xeito iconoclasta, cunha deconstrución do son da gaita, propondo unha concepción non identitaria do instrumento que permita buscar novos horizontes para crear un espazo sonoro e visual absorbente e intenso.

Galego

Playlist 3- Decoder

É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s. XXI sen comprendelos como un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara a unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.

Galego

Penínsulas 1

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

Galego

Adaora e Video2 A/V

Adaora + Video2 A/V

Adaora é unha artista multidisciplinaria cuxa música nace nun intento de cristalizar unha identidade difusa, mestura de migración transxeracional, desarraigamento e procura constante así como de catartizar a vida para comprendela mellor. Formada en música clásica pero sen prexuízos, os seus sons camiñan entre o pop e o experimental, e cunha gran presenza vocal.

Video2

Galego

Explora 3

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual