Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

10 de marzo

A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol, miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey. O filme aborda todo o proceso de penetración das comisións obreiras e do partido comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo.

Galego

A illa de Chelo

Testemuño de Consolo Rodríguez "Chelo", combatente galega da guerrilla antifranquista dos anos corenta e principios dos cincuenta. Esta militante representa a resistencia feminina ao franquismo e a participación de campesiños republicanos na loita armada contra a ditadura.

Galego

Nove meses

Juli ten un traballo nunha fábrica de ladrillos, mais estuda a distancia para mellorar a súa posición. O seu xefe namora dela e comezan unha relación moi apaixonada. Ela oculta o feito de que ten un fillo froito dunha relación extramarital. Cando o seu amante, habitualmente violento e posesivo, o descubre, todo salta polos aires. Embarazada do seu segundo fillo, Juli debe decidir que facer.

Galego

Unicorn Wars

O exército osiño adoutrina a novos recrutas para a guerra que libran contra os unicornios e ameaza a seguridade do pobo osiño. Os irmáns Azulín e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico. Estarán os osiños preparados para iso?

Galego

Os cinco diaños

Vicky ten un don máxico: pode reproducir calquera aroma que lle guste e recollelos en frascos coidadosamente etiquetados. Capturou en segredo o ulido de Joanne, súa nai, e cando súa tía Julie aparece na súa vida, Vicky reproduce o seu olor. Así será quen de transportase a recordos escuros do seu pobo, a súa familia e a súa propia existencia.

Galego

Un año, una noche

Ramón e Céline son unha parella nova que se atopa no local Bataclan de París a noite do 13 de novembro de 2015. Durante o asalto terrorista, ambos logran, cada un polo seu lado, entrar no camerino dos músicos e refuxiarse alí. Ao saír xa non son os mesmos. E non saben se poderán selo de novo... Adaptación cinematográfica baseada no libro 'Paz, amor y Death metal', de Ramón González, supervivente do atentado terrorista na sala de concertos Bataclan de París.

Galego

La cárcel de curas

Coa presenza do seu director Ritxi Lizartza e os ex-curas condeados Xabier Amuriza, Juan Mª Arregi e Anxo Currás, cos que o público poderá establecer un coloquio posterior. O acto encádrase na programación do 'Mes da Memoria' do Concello de Nigrán e supón prácticamente a estrea en toda Galicia (o mércores 19 estará en Catoira, o xoves 20 en Nigrán e o venres 21 en Baiona). A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Galego

Proxección do documentario "Circo de Artesáns: O Ateneo de Galicia"

Proxectarase este filme, que ofrece unha nova visión de capítulos esenciais e descoñecidos da historia da cidade da Coruña e de Galicia. Falarase despois sobre as relacións culturais e sociais no pasado entre as cidades ártabras e irmás de Ferrol e da Coruña.

E por último, haberá un coloquio coa participación libre do público.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual