Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cineuropa 2022 - Falcon lake

Bastien, un adolescente parisiense, pasa as vacacións coa súa familia nunha cabana á beira dun lago de Quebec. Alí atoparase con Chloé, unha moza maior ca el da que namora fondamente. Malia a diferenza de idade e os medos de Bastien, desenvolven un vínculo especial. Bastien terase que enfrontar aos seus medos para lograr un lugar no corazón de Chloé, mentres exploran a súa sexualidade e a inquietante lenda da pantasma do lago.

Galego

Cineuropa 2022 - La club Virginia

Documental sobre o filme de 1992 Orquesta Club Virginia, protagonizado por un elenco abraiante, con Jorge Sanz, Antonio Resines, Santiago Ramos, Enrique San Francisco, Juan Echanove, Manuel Iborra constrúe unha crónica agridoce do que foi unha rodaxe repleta de problemas de todo tipo, persoais e mais cinematográficos, pero que tamén é un canto de amor ao cinema. Un retrato do fracaso dun director superado pola película e da inquebrantable amizade que se forxou entre os seus protagonistas.

Galego

Cineuropa 2022 - Tengo sueños eléctricos

Eva non atura que a súa nai queira reformar a casa e desfacerse do gato, que, desorientado desde o divorcio, ouriña por todas partes. Quere marchar e vivir co pai, que, desorientado tamén coma o gato, está a vivir unha segunda adolescencia. Eva segue sen rumbo o seu pai mentres tenta reconectar co seu desexo de se converter en artista e volver atopar o amor. Mais, como alguén que cruza un océano de adultos sen saber nadar, Eva tamén descubrirá a carraxe que a corroe, e que, sen sabelo, herdou del.

Galego

Cineuropa 2022 - Ferrín arraiano + Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z + A orixe do Camiño de Santiago

Ferrín arraiano

Xosé Luís Méndez Ferrín e Aser Álvarez, o director desta curtametraxe documental, coñecéronse persoalmente en Vilanova dos Infantes, Ourense, na casa familiar do autor, hai máis de vinte anos. Alí forxouse unha fonda amizade que perdura no tempo e que mesmo é o punto de partida desta peza audiovisual, na que Ferrín fala sobre a súa vida, a súa obra e tamén sobre as cousas que máis lle interesan.

Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z

Galego

10 de marzo

Froito da negociación do convenio de Bazán Ferrol, milleiros de traballadores dos estaleiros marcharon nunha manifestación na mañá do 10 de marzo de 1972 polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada intentou interceptar a marcha, e ante a resistencia dos traballadores, disparou contra a manifestación, saldouse con decenas de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.

Galego

Cineuropa 2022 - Removendo a terra

Un grupo de médicos forenses, arqueólogos e historiadores, coordinados —por primeira vez en corenta anos de democracia— pola Universidade de Santiago, e coa axuda do goberno español e de Galicia, inicia a exhumación dunha fosa común en Vilagarcía de Arousa. Esta é a historia dos que buscan e de quen os busca. Familia e científicos cun mesmo fin: escavar e mostrar a memoria oculta baixo a terra.

Galego

Cineuropa 2022 - Regra 34

Simone é unha estudante de dereito que loita por defender a mulleres en casos de violencia machista. Para poder pagar as facturas, Simone expón o seu corpo nun sitio porno onde interpreta escenas sexuais en directo. Consciente dos seus privilexios como unha profesional educada e independente, a protagonista cre que pode explorar a súa sexualidade sen lle render contas a ninguén. Así e todo, non esquece o que significa ser unha muller negra en Brasil nin a vulnerabilidade que acompaña esta 'etiqueta' a nivel social e histórico.

Galego

Cineuropa 2022 - Agromantes

Un grupo de persoas xúntase para compartir as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nestas condicións de sufrimento psíquico intenso, nun ambiente de estigma, incomprensión e, se cadra, ata malos tratos frecuentes. Pero na escena tamén aparece o humor, autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual