Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Punk Singer

Coas ideas ben claras maniféstase neste documental Kathleen Hanna, líder de Bikini Kill, Le Tigre ou Julie Ruin, definindo en menos dun minuto o seu modo de encarar a súa existencia e, tamén, o que este filme representa. O proxecto xurdiu cando a cineasta Sini Anderson atopábase recompilando imaxes para outro documental ben distinto, concretamente sobre a experiencia dos concertos en directo de Le Tigre. Hanna, que xa a consideraba entón unha amiga, propúxolle facer un filme sobre a súa vida e a súa traxectoria.

Galego

Blow-Up

Michelangelo Antonioni, que xa rodara máis de vinte filmes en Italia, tiña a idea de facer unha película a partir do conto de Julio Cortázar "Las babas del diablo", incluído no libro Las armas secretas (1959), sobre un fotógrafo que retrata unha escena dunha parella na distancia. Non foi até que puxo os ollos nun páramo do sureste de Londres, tras parar a tomar unha pinta de cervexa no coñecido pub White Horse en Woolwich, que decidiu filmar a súa primeira longametraxe en inglés.

Galego

Ordet (La Palabra)

(Dinamarca, 1955)

Dirección e guión: Carl Theodor Dreyer. Fotografía: Henning Bendtsen. Intérpretes: Henrik Malberg, Emil Hass Christensen, Preben Lerdorff Rye.

Sinopse: Cara a 1930, nun pequeno pobo de Iutlandia occidental, vive o vello granxeiro Morten Borgen.  e os seus tres fillos

Galego

Privilege

(Estados Unidos, 1990)

Dirección e guión: Ivonne Rainer. Fotografía: Mark Daniels. Intérpretes: Alice Spivak, Daniel Martin Berkey, Blaire Baron.

Sinopse: Realizado en estilo semi-documental, é unha discusión de mulleres na menopausa

Galego

El silencio de Christine M.

(Paise Baixos, 1982)

Dirección e guión: Marleen Gorris. Fotografía: Frans Bromet. Intérpretes: Edda Barends, Nelly Frijda, Henriëtte Tol, Cox Habbema.

Sinopse:  tres mulleres matan o xerente dunha boutique que se enfronta desdeñosamente a un ama de casa feita un farrapo á que pillaron nas patacas

Galego

Tiempos modernos

Estados Unidos, 1936

Dirección e guión:  Charles Chaplin. Fotografía:  Rollie Totheroh, Ira Morgan. Intérpretes: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley Stanford.

Sinopse: Un obreiro con mala sorte acaba perdendo a razón ao ser incapaz de se adaptar ao funcionamento das máquinas industriais nunha cadea de montaxe. 

Galego

Festival Amal: Mayor

O documental Maior segue os pasos de Musa Hadid, alcalde de Ramallah, capital de facto e centro cultural do Estado palestino. Musa trata de deseñar e construír a cidade do futuro sen perder de vista a súa misión final: poñer fin á ocupación de Palestina.

Galego

Festival Amal: Farha

Palestina, ano 1948. Farha, unha nena de 14 anos, soña con ir á escola e deixar a dura vida no campo. Os seus soños acaban voando polo aire cando un día de maio as forzas de ocupación israelís invaden o seu pobo e rodean a súa casa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual