Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Brainwashed: Sex-Camera-Power

A partir da aclamada conferencia de Nina Menkes, "Sexo e poder: a linguaxe visual do cinema", Brainwashed é un fascinante estudo sobre o encadre dos corpos femininos no Cinema a través das épocas e como esta visión distorsionada conduce ao abuso e a discriminación contra as mulleres.

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.

Galego

Unha Ponte coa Lusofonía II

O próximo xoves 3 de novembro, Abella Producións vai poñer en marcha a segunda edición do proxecto Unha Ponte coa Lusofonía II, unha programación cinematográfica coa que achegará ao Centro Cultural Camões de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil e Galicia.

Galego

Wanda

Na zona obreira dos suburbios de Pennsylvania, Wanda Goronski, unha muller con problemas, abandoa á súa familia para acabar mergullada nun mundo de perdición.

Galego

O surrealismo de Saramago no cinema: José e Pilar

O 5 de novembro, o ciclo de cinema de Saramago mostra a película máis íntima e persoal, o documental ‘José y Pilar’ (2010), de Miguel Gonçalves Mendes. A película acompaña a vida do escritor e a súa muller Pilar do Río na súa casa de Lanzarote. O ritmo de traballo, o pensamento de Saramago e a súa acción política están presentes en está emotiva película.

Galego

Coma na casa

András volve a Hungría de Estados Unidos tras unha tempada vivindo alí e atópase sen muller, traballo nin amigos. Nin sequera é quen de retomar a relación coa súa antiga amante. Totalmente perdido, cunha mestura de sentimentos entre o rexeitamento e a pertenza ao seu lugar de orixe, coñece a unha nena que toma como filla adoptiva. Ambas almas desarraigadas apóianse a unha á outra.

Galego

Utama

No altiplano boliviano, unha parella de anciáns quechuas vive a mesma rutina desde hai anos. Cando unha seca inusualmente longa ameaza toda a súa forma de vida, Virginio e Sisa afrontan o dilema de resistir ou ser derrotados polo paso do tempo. Coa chegada do seu neto Clever, os tres enfrontaranse, cada un ao seu xeito, ao entorno, á necesidade de cambio e ao sentido da vida mesma.

Galego

A noite dos mortos viventes

Un heteroxéneo grupo de individuos refúxiase nunha casa abandonada cando os cadáveres comezan a saír do cemiterio na procura de corpos humanos frescos para devorar. O pragmático Ben fai todo o posible por controlar a situación, pero cando os corpos reanimados rodean a casa, o resto de superviventes comezan a entrar en pánico. A medida que a organización dentro do grupo comeza a desaparecer, os zombis atopan formas de entrar e, un por un, os superviventes convértense en presa dos mortos.

Filme de culto no cinema de zombis e o debut na dirección do gran George A. Romero.

Galego

Songs for Drella

The Velvet Underground seguiu adiante despois de que o membro fundador John Cale fora despedido do grupo no outono de 1968. Logo, o seu compañeiro e amigo-inimigo Lou Reed marchou despois do lanzamento de Loaded en 1970. O seu reencontro no funeral do mentor e representante da banda, Andy Warhol, limou as súas diferenzas durante uns poucos meses, dándolles tempo a compoñer unhas cancións coas que renderlle homenaxe.

Galego

Charles Bradley: Soul of America

Un home veterano coloca unha perruca e fai bucles no pelo. Cálzase unhas lustrosas botas negras. Pon un traxe vermello impecablemente desengurrado, enriba dunha camisa negra de longo pescozo puntiagudo, e xira bailando para a cámara que capta o instante. A transformación completouse. É o mesmísimo James Brown -aínda que realmente se trate de Charles Bradley, quen aínda non conseguiu facerse un nome no mundo da música-.

Galego

The Punk Singer

Coas ideas ben claras maniféstase neste documental Kathleen Hanna, líder de Bikini Kill, Le Tigre ou Julie Ruin, definindo en menos dun minuto o seu modo de encarar a súa existencia e, tamén, o que este filme representa. O proxecto xurdiu cando a cineasta Sini Anderson atopábase recompilando imaxes para outro documental ben distinto, concretamente sobre a experiencia dos concertos en directo de Le Tigre. Hanna, que xa a consideraba entón unha amiga, propúxolle facer un filme sobre a súa vida e a súa traxectoria.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual